
A CIG-Ensino trasládalle ao BNG propostas para emendar o proxecto de lei do Sistema Universitario Galego
A CIG-Ensino rexeita o texto presentado polo PP
A CIG-Ensino valora positivamente a xuntanza que mantiveron este mércores Alba Nogueira, Responsábel da CIG-Ensino da USC e Anxo Louzao, Secretario Nacional, cos deputados do BNG, Cosme Eladio Pombo Rodríguez, Responsábel de Educación, e Carme Adán xa que os representantes do grupo parlamentario nacionalista foron receptivos ás propostas que lle achegou a CIG, que están moi lonxe do texto proposto polo PP.
“O proxecto de lei chega a reducir a proposta inicial de representación sindical nos Consellos Sociais, non contempla a súa representación no Consello Galego de Universidades e non recolle tampouco a constitución da Mesa sectorial de Universidades”, explicou Anxo Louzao ao remate da xuntanza.
Este encontro é o primeiro que o BNG mantén con representantes de organizacións que teñen relación coas universidades galegas antes do debate no Parlamento do proxecto de lei, para o que xa pediu a súa retirada.
Podes consultar na seguinte nova as