A CIG-Ensino trasládalle a Consellaría as demandas do profesorado de Tecnoloxía

Denuncia as dificultades que teñen os centros de secundaria co deseño dos itinerarios de 4º da ESO e bacharelato da materia de Tecnoloxía

A CIG-Ensino traladoulle á Consellaría de Educación as dificultades que teñen os centros de secundaria co deseño dos itinerarios de 4º da ESO e bacharelato da materia de Tecnoloxía para o vindeiro curso. A CIG-Ensino solicitiou que se ofreza a materia como específica na opción de ensinanzas académicas de 4º da ESO, que se oferte un itinerario da modalidade de Ciencias de 1º de bacharelato que non obrigue ao alumnado a cursar Relixión, volver ofrecer as materias Tecnolóxía Industrial I e II na modalidade de Ciencias do bacharelato de adultos e ofertar Electrotecnia e Robótica en 2º de bacaharelato na materia de libre configuración da Consellaría.

Ligazón

Volver