A CIG-Ensino solicítalle ao Ministerio a equivalencia entre o galego e o portugués para a convocatoria de prazas no exterior

Para acreditar o coñecemento do idioma de relación

A CIG-Ensino vén de dirixirse ao Ministerio de Educación para que modifique o borrador de orde pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de persoal docente e de asesores no exterior para que no caso das prazas en estados o territorios de lingua oficial portuguesa se acepten as titulacións en lingua galega como equivalentes a todos os efectos ás titulacións en lingua portuguesa para acreditar o coñecemento do idioma de relación.


 A CIG-Ensino fai esta proposta considerando que a lingua galega e portuguesa tendo a categoría oficial de linguas diferenciadas manteñen entre si unha proximidade igual ou maior que a que se da entre variante da mesma lingua en territorios diferentes.

Volver