A CIG-Ensino solicita unha entrevista co Conselleiro de Educación

Entrevista co novo conselleiro de educación

A CIG-Ensino solicita unha entrevista co Conselleiro de Educación para coñecer de primeira man as primeiras medidas que ten pensaod levar a cabo a consellaría e exporlle as nosas propostas. Tamén aproveitamos a ocasión para trasladarlle a necesidade de que se convoque urxentemente a mesa sectorial para tratar a OPE 2009, e que tamén para a CIG-Ensino sería inaceptábel que se produciran medidas involucionistas en materia de normalización lingüística, nomeadamente coa intención de derrogar o decreto 124/2007 de uso e promoción do idioma galego no ensino.

Ligazón

Volver