A CIG Ensino solicita a modificación do catálogo de postos de traballo de mestres

Solicitamos que a Inspección Educativa realice un estudo da nosa proposta para a creación de 226 novas unidades co conseguinte incremento de prazas definitivas nos colexios de infantil e primaria

Nun estudo previo feito pola CIG Ensino a raíz da información proporcionada polos servizos centrais da Consellaría a requirimento da CIG-Ensino detectamos 226 unidades, 151 de educación primaria e 75 de educación infantil,  que levan xa habilitadas un tempo suficiente, desde o noso punto de vista, para seren creadas e adxudicadas con destinos definitivos.
Desde a CIG Ensino solicitamos, por tanto, que se estuden todos os centros citados e se modifique o catálogo de postos de traballo, tanto na creación destas unidades como da dotación do profesorado especialista e de apoio que emane desta creación polo Acordo sindical sobre Cadros de Persoal dos centros de infantil e primaria asinado pola CIG Ensino. 
Solicitamos igualmente que esta modificación se faga á maior brevidade para que teña xa efectos neste Concurso Xeral de Traslados favorecendo así a estabilidade nos claustros do profesorado.
CIG

Ligazón ao estudo coas prazas reclamadas pola CIG Ensino

EEI de Verducido

Mención a parte merece a EEI de Verducido, na CIG Ensino estaremos vixiantes de que a administración cumpra a obriga de manter aberta a escola tal e como se le na sentenza xudicial.

Podes ver toda a información sobre o peche desta escola e a sentenza que obriga á súa reapertura na seguinte ligazón

Volver