A CIG-Ensino solicita a modificación das datas marcadas para a finalización da avaliación extraordinaria de setembro nas EOIs

Avaliación setembro nas EOIs

A CIG-Ensino vén de presentar un escrito dirixido á administración para a modificación das datas marcadas na circular 3/2010, que esixe que as cualificacións da avaliación extraordinaria de setembro estean cargadas a 10 de setembro. Por outra banda, os exames escritos de certificación realizaranse até o 8 de setembro. A CIG-ENSINO xa expuxo na Mesa Sectorial os problemas que ia orixinar o adianto do comezo de curso nas Escolas Oficiais de Idiomas e consideramos que non se poden ditar unhas instrucións que fixen unha tarefa irrealizábel para o profesorado con tal de manter o calendario previsto.

Ligazón

Volver