
A CIG-ENSINO rexeita as pretensións de amortización de moitas das vacantes producidas pola xubilación anticipada que a Xefatura Territorial de Ourense pretende non sacar ao concurso de traslados
O pretexto é a falta de alumnado cando privatiza no mesmo entorno unidades ao concertalas con centros que non tiñan tal concerto
As prazas de mestres en infantil e primaria que non van a sacar no concurso xustificannas por probables modificacións á baixa dos catálogos cando moitas destas están en Ourense, ou vilas como Bande.
É sangrante a supresión dunha praza de Infantil en Mende cando a Administración insinua que pode baixar a matrícula por efecto do concerto do Guillelme Brown. Nunca se debeu conceder ese concerto, non era preciso pois había prazas en Mende e no Pereiro.
O Colexio do Pereiro levaba anos aumentando a matrícula de rapaces en tres anos logo do impulso que supuxo o programa de almorzos, pasando de escolarizar 11 rapaces na unidade de 3 anos en infantil no curso 2008-2009, a ter máis de 35 nos outros dous cursos, tanto 2009-2010 como 2010-2011, polo que houbo reunións coa Xefa Territorial da Consellería de Educación de Ourense e a comunidade educativa deste centros para mellorar as instalacións. Sorprendentemente o ano pasado concerta a unidade de 3 anos no colexio privado Guillelme Brown, co que os recursos económicos públicos vanse para o centro de titularidade privada, e para máis agora informaron tamén favorablemente o concerto do Miraflores polo que será concertado o vinceiro curso.
Privatizan centros a través dos concertos educativos, impiden ao profesorado o uso do comedor escolar falando falazmente de racionalización, suprimen comedores escolares de xestión pública para logo privatizalos e suprimen prazas no ensino público.
Amosamos o noso rexeitamento e a hipocresía da Consellaría que por un lado nos fala da Convivencia, mais non ten reparos en masificar as aulas, fala de participación pero non ten en conta ao profesorado.