A CIG-ENSINO REXEITA A ACTITUDE DA CONSELLARÍA QUE NO CANTO DE NEGOCIAR, MENTE SOBRE A REALIDADE DAS EEOOII

Novamente, o 90% do profesorado e máis de 500 persoas partic

A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga e a participación nas concentracións no día de hoxe, 10 de setembro. Un día máis, o 90% do profesorado das EEOOII secundou a folga e máis de 500 persoas participaron nas distintas concentracións realizadas nas cidades galegas, para rexeitar a actitude da Consellaría e reclamar a retirada da circular 5/2009. En consecuencia, non se realizaron os exames previstos

A CIG-ENSINO REXEITA A ACTITUDE DA CONSELLARÍA QUE NO CANTO DE NEGOCIAR, MENTE SOBRE A REALIDADE DAS EEOOII. 

Novamente, o 90% do profesorado e máis de 500 persoas participaron na folga e nas concentracións realizadas nas cidades galegas 
 

A CIG-ENSINO valora moi positivamente o seguimento da folga e a participación nas concentracións no día de hoxe, 10 de setembro. Un día máis, o 90% do profesorado das EEOOII secundou a folga e máis de 500 persoas participaron nas distintas concentracións realizadas nas cidades galegas, para rexeitar a actitude da Consellaría e reclamar a retirada da circular 5/2009. En consecuencia, non se realizaron os exames previstos. 

A CIG-Ensino rexeita as difamacións e as mentiras que o Director Xeral de Educación e Formación Profesional, José Luís Mira Lema, está a difundir como reacción ao seguimento maioritario da folga. É impropio dun Director Xeral da Consellaría de Educación que minta descaradamente sobre as motivacións da folga, especialmente cando se negou a retirar a circular e a realizar unha negociación e nin sequera tivo a educación de escoitar os argumentos das OOSS. Ademais, non aceptamos que, valéndose do seu cargo, lance mentiras infundadas sobre o traballo do profesorado das EEOOII. 

O Director Xeral de FP e Innovación educativa, se ten algo de dignidade, debería retirar a circular 5/2009, rectificar as súas declaracións ou do contrario só lle queda dimitir. Agardamos que o Conselleiro asuma a responsabilidade neste conflito e restitúa a circular do ano 2004, negociada, por certo, cun goberno do PP. 

As concentracións realizadas hoxe nas distintas cidades contaron coa participación da práctica totalidade do profesorado, as concentracións realizáronse ante as EEOOII, ademais, en Compostela percorreu as rúas da zona vella e en Ourense a mobilización trasladouse ao departamento de Educación até ser recibidos pola Xefa territorial. Nas mobilizacións reclamouse a retirada da circular e o respecto polo traballo do profesorado das EEOOII e o rexeitamento á difamación e mentiras do Director Xeral de Educación e F. Profesional.  

Volver