A CIG-Ensino reúnese cos grupos parlamentarios para pedirlles que voten a favor da ILP en defensa dos dereitos do profesorado e da mellora do ensino

O primeiro do encontros foi co BNG que se comprometeu a votar a favor

A CIG-Ensino iniciou unha serie de xuntanzas cos grupos parlamentarios para presentarlles a Iniciativa Lexislativa popular en defensa dos dereitos laborais, profesionais e retributivos do profesorado e mellora da calidade do ensino en Galiza que será defendida no Pleno do Parlamento co respaldo de 22.918 sinaturas.

A primeira destas xuntanzas foi este xoves 29 co portavoz do BNG Francisco Jorquera e o deputado Cosme Pombo, que amosaron a súa disposición a votar a favor da ILP. Ademais o BNG comprometeuse a ter en conta as medidas que inclúe a ILP para cambiar a política educativa da Xunta no caso de se producir un cambio de Goberno galego e, nese caso, aprobar unha nova Lei Galega de Educación que mellore a calidade educativa e garanta o dereito ao ensino en igualdade.

Volver