
A CIG-Ensino reclamará que se oferten todas as prazas xeradas por xubilación anticipada
O xoves día 10 está convocada a Mesa Sectorial para tratar a Oferta Pública de Emprego da Consellaría de Educación
CIG-ENSINO vai esixir na Mesa Sectorial que se convoquen todas as prazas que se xeneren por xubilación, dando cumprimento ao recollido na Lei de Orzamentos da Xunta de Galiza que recolle que, no caso da Consellaría de Educación, se poderán cubrir todas as vacantes xeradas por xubilación anticipada.
Neste sentido, consideramos que as xubilacións previstas, pendentes de seren confirmadas a 31 de marzo e a falta de que a Consellaría publicite os datos, poden acehgarse ás mil entre Primaria e Secundaria.
A CIG-Ensino vai esixir tamén que se convoque oferta tanto en Primaria como en Secundaria. Neste sentido cabe lembrar que nos cinco anos deste modelo transitorio de convocatoria, todos os anos se convocaron oposicións en Primaria, mentres que en Secundaria, xa no ano 2009, non houbo oferta (ao final da nota figuran os cadros coa oferta dos anos anteriores).
A CIG-Ensino tamén esixirá que unha parte da proba de acceso, como mínimo, se realice en lingua galega, como mellor forma de garantir que o profesorado que acceda á función pública en Galiza reúna a formación necesaria para cumprir o establecido en materia lingüística, nomeadamente a Lei de Normalización Lingüística. Tamén porque o coñecemento do noso idioma debe ser un requisito básico para todas as traballadoras e os traballadores da Adminsitración pública galega.
ANEXO:
Oferta de emprego por corpos entre 2007-2010:
Corpos | Prazas ofertadas |
Profesorado de Secundaria | 1683 |
Profesorado de FP | 317 |
Profesorado técnico de FP | 238 |
Escolas Oficiais de Idiomas | 61 |
Profesorado de Conservatorios | 216 |
Profesorado de Artes plásticas e Deseño | 16 |
Total de prazas de Secundaria | 2531 |
Total de prazas de Primaria | 3618 |
TOTAL PRAZAS | 6149 |
Prazas convocadas cada ano en Secundaria:
Ano | Prazas ofertadas |
2007 | 1179 |
2008 | 983 |
2009 | 0 |
2010 | 369 |
Pazas convocadas cada ano en Primaria:
Ano | Prazas ofertadas |
2007 | 1350 |
2008 | 928 |
2009 | 740 |
2010 | 600 |
Novas relacionadas