A CIG-Ensino reclama da Consellería unha solución inmediata ao problema das exclusións de opositores por cuestións formais e unha actuación uniforme dos tribunais

Oposicións 2007

Diante das exclusións dun número importante de opositores, alegando cuestións de tipo formal na presentación da programación, que en procesos anteriores non se usara para eliminalos, CIG-Ensino fai público o seguinte:

1.- Constátanse interpretacións diferentes na aplicación dos motivos de exclusión por parte dos distintos tribunais provocando inseguridade xurídica a todos os opositores e en particular dano irreparable ao opositores excluídos.

2.- A CIG-Ensino leva estes últimos días realizado xestións diante da Consellería, entrevistándose cos diferentes responsables. Confirmáronnos que en calquera caso non sería motivo de exclusión das listas de substitucións e interinos. Hoxe a Consellería comprometeuse a estudar a situación.

3.- A CIG-Ensino, de non resolverse isto, imos levar este tema a Mesa Sectorial prevista para o xoves 5 de xullo.

4.- A CIG-Ensino presentou hoxe un recurso diante da Consellería por entender que na convocatoria non se recolle como elementos de exclusión algunhas cuestións de tipo formal que aplicaron certos tribunais. En calquera caso sería un motivo de valoración negativa ou mesmo de suspender  esta proba, mais non de eliminación de todo o proceso.

5.- Informamos aos opositores que se visen afectados que deben facer reclamacións diante do propio tribunal e recurso de alzada ante a Consellería de Educación para tratar o seu caso particular. Ao mesmo tempo, de non ser considerada a reclamación, deben solicitar do seu tribunal as razóns por escrito da súa exclusión.

6.- Esiximos que inmediatamente a Consellería actúe, dentro das súas competencias, para resolver a problemática xerada co fin de que os opositores poidan continuar no proceso selectivo polo dano irreparable que lles causarían e de cara a evitar que mesmo o resto dos opositores queden a expensas dunha impugnación que levaría a ter que repetir todo o proceso.

Volver