A CIG-ENSINO reclama da Consellaría de Educación que adopte medidas para reducir os índices de gas radon nos centros educativos

Concentracións de gas radón

A CIG-Ensino diríxese ao Conselleiro de Educación para establece protocolos de medición e prevención contra os índices de radón nos centros educativos galegos. A CIG-Ensino, coñecedora do informe da Universidade de Santiago de Compostela sobre o nivel de gas radon realizado en 58 centros educativos en que se comproba que varios centros educativos sobrepasan os valores de radon estabelecidos pola Organización Mundial da Saúde, dirixiuse por escrito ao Conselleiro de Educación para urxirlle a que adopte as medidas correctoras necesarias, medidas que tamén foron reclamadas na Mesa Sectorial de onte, na que os representantes da Administración admitiron o seu descoñecemento deste tema.

Reproducimos a carta en que se expón a situación e se pide a intervención da Consellaría nesta situación.

Volver