A CIG-Ensino presenta unha queixa ante a Valedora do Pobo pola ocultación da folga docente e da manifestación o pasado día 25 na Galega

No escrito o sindicato pide amparo á Valedora para que se reparen os feitos denunciados e para que a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia cumpra cos seus estatutos e coas leis de medios públicos polas que se rexe.

Malia que a manifestación protagonizada en Compostela polo colectivo docente foi a máis numerosa dos últimos anos, a Galega non emitiu nin unha soa imaxe da mesma nin no informativo de mediodía nin do serán pero, pola contra, si  declaracións do conselleiro.

Día 25 de setembro. Primeira folga de profesorado convocada en Galiza despois de dous anos, á que estaba chamado un colectivo de máis de 30.000 persoas cunha incidencia en 374.043 estudantes. Apenas 45 segundos de información no telexornal de mediodía nos que falou o conselleiro de Educación para acusar á CIG de buscar a confrontación. Nin unha soa imaxe da manifestación que congregou, segundo a organización, a máis de 8.000 asistentes en Compostela, nin unha soa declaración de responsábeis dos sindicatos convocantes nin de participantes. No telexornal do serán cero segundos.

A CIG-Ensino envioulle un escrito á Valedora do Pobo coa escaleta dos dous informativos dese día denunciando a estratexia de ocultación e de manipulación dunha televisión que se amosa cada día máis entregada aos intereses do partido que goberna a Xunta de Galiza e máis afastada da súa misión de servizo público. En concreto inclúe a transcrición da entradiña da presentadora nas que se dan por certos os datos da administración afirmando que a participación “é menor que a última folga que se celebrou hai dous cursos” e que vai acompañada de imaxes de centros educativos e de alumnado para dar sensación de absoluta normalidade:

O sindicato CIG cifra nun 60% o seguimento da folga de profesores de ensino non universitario que convocaron para hoxe en solitario sen os demais sindicatos. Os datos oficiais, porén, rebaixan a incidencia a un 14,8% menor que a última folga que se celebrou hai dous cursos. Ata o momento non se produciron incidencias relevantes.

Ademais, as declaracións que se inclúen do conselleiro son un ataque directo á organización maioritaria entre o profesorado, que ten a mesma lexitimidade por terse presentado a unhas eleccións sindicais que o partido que ostenta a Xunta de Galiza, algo que os medios públicos galegos ignoran constantemente ao non informar nada do que convoca a Confederación Intersindical Galega.

“Plantexaron como unha liña estratéxica do seu traballo a confrontación. Bueno, pois están no seu dereito a facelo. Nós obviamente pois estamos noutra liña diferente. Nós apostamos por mellorar de xeito constante o sistema educativo e o facemos da man dos outros sindicatos que asinaron o acordo”.

“Escaleta” das prioridades informativas do Partido Popular

No escrito remitido á Valedora incorpóranse as escaletas dos dous telexornais nas que se pode comprobar como un sindicato con menor representación en Galiza aparece protagonizando as primeiras novas por unha reclamación contra o goberno central de Madrid. Ademais contan con maior tempo e están mellor situadas outras novas de carácter local, estatal ou internacional como a visita do conselleiro de Traballo a Miami,  a ampliación da depuradora de Sada, un dron sobrevoando o aeroporto de Dinamarca, a batalla dunha empresa valenciana contra Lacoste, o tráfico de meixón en Pontevedra, unha furgoneta roubada de Protección Civil de Negreira ou unha exposición de coches de policía en Vigo.

Titular

Tempo

Noticias apertura:

- Feira do emprego da Coruña.

- Altri recorrerá a súa exclusión da rede eléctrica.

- Pontevedra, capital contra o tráfico de Meixón

00:00 – 01:47

Pedro Sánchez opta á reelección. Reacción do PP acusándoo de blindarse da corrupción. Conexión en directo coa corresponsal en Madrid.

-        01:48

Calendario de eleccións autonómicas e xerais

-        04:20

Pulseiras antimaltrato.

-        04:51

Opa do BBA ao Banco Sabadell

-        06:29

Estudo sobre as pensións das “caixas de aforro”

-        06:57

CCOO pide que se suban as pensións

-        07:40

Medra a compravenda de vivendas en Galiza

-        08:17

Feira de emprego na Coruña (Working Hell)

-        08:45

Conselleiro de Traballo visita Miami

-        11:05

Exolum construirá unha terminal no porto exterior da Coruña

-        11:38

Reacción de Altri á decisión de deixala fóra da conexión eléctrica

-        12:48

Ministro Agricultura pide fondos á UE para paliar danos dos incendios

-        14:37

Ampliación da depuradora de Sada. Visita de Rueda

-        16:08

Remata a investigación policial tras a liorta mortal en Ribeira

-        17:30

Un dron sobrevoa un aeroporto en Dinamarca

-        17:58

UE quere construír un muro de defensa de drons

-        18:16

Condena a Sarkozy

-        19:46

O BCE recomenda ter diñeiro en efectivo

-        20:18

Batalla comercial contra Lacoste

-        22:04

Alixo de cocaína na Pobra

-        22:32

Xuízo a unha persoa acusada de tirar cocaína a axentes da policía

-        24:26

Pontevedra é o lugar do mundo onde máis se trafica con meixón

-        25:30

Unha parella agride con arma branca a outra en Carballo

-        26:06

Investigación policial sobre a pelexa mortal en Ribeira de dúas familias

-        28:16

Imputados por estafa a unha anciá en Carballiño

-        29:41

Aparece en Lugo a furgoneta de Protección Civil de Negreira roubada

-        31:40

Accidente de tráfico contra o colexio de Casás en Lugo.

-        33:31

Porcentaxe de vehículos que non pasan a ITV

-        34:12

Exposición coches históricos de policía en Vigo

-        34:57

Cámaras web meteorolóxicas da Galega

-        35:27

O cadáver da balea aparecida na costa galega está preto de Bueu

-        36:02

Batalla comercial contra Lacoste dunha empresa valenciana

-        36:36

Folga docente convocada pola CIG

-        38:11

A montaxe das barracas do San Froilán provoca retencións de tráfico

-        38:56

A Fundación Catedral de Santiago colabora cun museo de Dallas

-        41:14

Tifón en Hong Kong

-        42:16

Información meteorolóxica

-        42:43

Xira de Alejandro Sanz

-        43:49

Pola súa banda, a delegación en Galicia de TVE non só abriu o seu informativo do mediodía informando sobre a folga no ensino público galego senón que lle dedicou 2’32’’, tempo no que se incluían non só aspectos meramente informativos senón tamén entrevistas ás organizacións convocantes e ao conselleiro de Educación, cumprindo sobradamente o seu obxectivo, como servizo público que é, de trasladar unha información transparente e plural.

Incumprimento flagrante de toda a normativa de medios públicos

O sindicato maioritario no ensino público galego denuncia ante a Valedora que estes feitos supoñen un incumprimento dos propios Estatutos da CRTVG publicados en 2016 e aínda en vigor que no seu artigo 3 indican que o seu obxecto social é a prestación do servizo público de comunicación audiovisual nos termos previstos na Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia. No caso desta última normativa tamén se expón o incumprimento da exposición de motivos e os artigos 4, 36, 38 e 39, entre outros, ademais dos artigos 4, 5 e 12 da recente e polémica Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital.

A Confederación Intersindical Galega, e nomeadamente a CIG-Ensino, vense na obriga de presentar esta queixa formal ante o continuo nesgo e partidismo das informacións e da estratexia intencionada de ocultación da actividade realizada pola primeira central sindical do país que conta con máis de 80.000 persoas afiliadas. Solicitan que interveña para que se rectifique a información da folga do día 25 e para que non se repita esta actuación por parte do persoal á fronte dos servizos informativos.

CIG-Informa queixa á Valedora do Pobo pola ocultación da folga e manifestación do 25 de setembro

Documento


Volver