A CIG-Ensino presenta unha emenda á totalidade no Consello Escolar do Estado para solicitar a retirada do proxecto que regula as reválidas
A CIG-Ensino reafirma a necesidade de paralizar e derrogar a LOMCE e con ela as reválidas
A CIG-Ensino presentará unha emenda á totalidade na que solicita a retirada de dita orde e se reafirma “na necesidade de derrogar, posteriormente, a LOMCE e con ela as reválidas, no convencemento de que é unha lei lesiva para a ensinanza pública porque aumenta a privatización e mercantilización da educación, promove a segregación do alumnado, reforza a confesionalidade, desterra a igualdade de oportunidades, elimina a xestión democrática dos centros e impide o dereito universal á educación. A isto hai que sumarlle o despropósito e o atropelo da súa implementación que desautoriza o traballo do profesorado e desconsidera ao alumnado”.
A CIG-Ensino reafírmase tamén en que as reválidas responden exclusivamente a unha concepción clasista, son unha aberración desde o punto de vista pedagóxico, centralizan e uniformizan máis aínda o sistema educativo desprezan a avaliación continúa, desconfían do traballo do profesorado, crean un ranking de centros, promoven un sistema educativo competitivo e abandonan ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo