A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado propostas didácticas para traballar sobre o xenocidio do pobo palestino

O material elaborado polo profesor de Xeografía e Historia e analista internacional Duarte Correa inclúe textos, proposta de actividades, referencias bibliográficas e audiovisuais.

A CIG-Ensino quere fornecer dun material breve e facilmente adaptable dentro da presión curricular nas diferentes ensinanzas para realizar unha aproximación ao xenocidio do pobo palestino. Aínda que está dirixido fundamentalmente a alumnado de Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial tamén pode adaptarse a outras etapas. 

Volver