A CIG-Ensino pon a disposición do profesorado material didáctico para traballar o 25 N
Un ano máis queremos facer a nosa achega para abordar nas aulas a violencia machista.
Presentamos unha batería de actividades que inclúen unha introdución teórica, uns obxectivos, os materiais necesarios e as instrucións precisas para levalas a cabo e están orientadas a diferentes etapas educativas.
Agardamos que sexan de proveito para tratar de axudar a reverter desde o ensino a situación social que estamos vivindo e que moitas veces se manifesta xa desde idades temperás entre o noso alumnado.