
A CIG-Ensino pídelle a Educación que arbitre un mecanismo para certificar as prácticas do profesorado do plan do 67
O profesorado, até o 31 de decembro de 2014, ten a oportunidade de que se lle recoñeza ese tempo como cotizado para efectos de xubilación
O profesorado do corpo de mestres do plan de estudos do 67 realizaba un curso de prácticas remuneradas, necesario para obter o título de mestre. Agora, até o 31 de decembro de 2014, ten a oportunidade de que se lle recoñeza ese tempo como cotizado para efectos de xubilación. Hai profesorado que, malia reunir todos os requisitos, non pode conseguir a certificación das prácticas, debido a que o centro onde as realizou xa non existe ou non hai documentación daquela época. Por esta razón a CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría de Educación que arbitre algún mecanismo para certificarlle a este profesorado o período de prácticas. Do contrario, estaríao privando dun dereito que, nalgúns casos, supón un prexuízo importante na contía da pensión ou de xubilarse 9 meses antes. Accede in interior ao escrito presentado pola CIG-Ensino.
Ligazón ao escrito presentado pola CIG-Ensino.