A CIG-Ensino pide unha reunión urxente da Mesa Sectorial para tratar a orde das optativas
Bacharelato
Unha vez coñecido o contido do Decreto do Bacharelato no que non se tivo en conta moitas das achegas e suxestións de CIG-Ensino para a súa mellora, a Orda das optativas debe abordarse canto antes para evitar empeorar a situación desta etapa educativa. Por iso desde a CIG-Ensino se fai a proposta de que se convoque unha Mesa Sectorial para traballar sobre esta orde, atendendo a necesidade de complementar a formación para alcanzar uns obxectivos educativos de calidade.