A CIG-Ensino pide que se prorrogue o prazo de presentación de solicitudes

Concurso Xeral de Traslados

Numerosos erros na aplicación fan inviable a participación normal no Concurso de Traslados nos primeiros días de apertura do prazo.

Na CIG-Ensino temos constancia de que hai problemas coa aplicación informática que impide levar a cabo a participación no Concurso Xeral de Traslados, facendo, na práctica, que a apertura do prazo o pasado día 25 non fose real.

Por iso solicítase que diante das queixas dos participantes no concurso, se resolvan todas deficiencias de funcionamento da aplicación e pregamos que se prorrogue a data final de presentación de instancias.

Volver