A CIG-Ensino participou no acto convocado polo colectivo de profesorado dos CELGA para denunciar a súa precaria situación

Esixirá na Mesa Sectorial que se estabilice este colectivo, que se modifiquen os criterios de selección para que sexan públicos e obxectivos, se lle garantan todos os dereitos laborais e se modifiquen as modalidades e perfiles dos CELGA

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, participou este xoves 16 de maio nun acto convocado polo colectivo de profesorado dos CELGA para denunciar a súa precaria situación e amosar o noso apoio ás reivindicacións deste colectivo. A situación que dispensa a Consellaría tanto ao persoal como ao propio modelo CELGA é a mostra máis evidente do desprezo absoluto do PP ao todo o que ten que ver co uso e normalización do galego.

Así mesmo anunciamos que temos presentado unha denuncia na Inspección de Traballo pola situación totalmente irregular e precaria deste colectivo ao que se lle denegan todos os dereitos laborais que ten calquera traballador/a.

A CIG-Ensino tamén formulará esa situación na Mesa Sectorial Docente non Universitaria do 23 de maio para que se estabilice este colectivo, se modifiquen  os criterios para que sexan públicos e obxectivos, se lle garantan todos os dereitos laborais e se modifiquen as modalidades e perfiles dos CELGA.

Volver