A CIG-Ensino non asinou a revisión salarial do ensino non regulado para o 2008
CIG-Informa. Ensino non Regulado
O pasado día 10 de xuño, asinouse o acordo de Revisión Salarial do Ensino Non Regulado para o 2008 por todas as patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT e CCOO. A CIG-Ensino non asinou este acordo, non só por
estar moi lonxe das nosas demandas, senón porque consideramos que é negativo e supón xa, de feito, unha perda de poder adquisitivo para o persoal afectado polo mesmo.