A CIG-Ensino non asina o XXIV convenio colectivo estatal de autoescolas

O marco de “negociación” estatal volve quedar en entredito, ao amosarnos como o sindicalismo estatal de pacto e entrega á patronal consolida a precariedade no sector, prorrogando por tres anos máis o regresivo, involutivo e mísero XXIII convenio anterior

O pasado 18/12/2025 asinouse o XXIV convenio colectivo nacional de autoescolas, por parte da organización patronal CNAE e os sindicatos UXT, USO, aos que agora se suma CCOO. O propio proceso de  negociación estivo viciado polos calendarios impostos pola patronal, cambios de datas e sobre todo falta de negociación, que quedou patente nas só oito mesas “negociadoras” que se tiveron en máis de ano e medio, dende a constitución da mesa o 27 de xuño de 2024, para asinar pouco máis que novas táboas salariais.

A CIG-Ensino non só non o subscribiu, opóndose e reivindicando melloras reais na mesa negociadora en Madrid dende o 1º momento, senón que denuncia enerxicamente esta nova venta sindical, máis cando todos os sindicatos acordamos unha Plataforma reivindicativa conxunta que se incumpriu. A sinatura prorroga 3 anos máis o mísero e incluso involutivo XXIII convenio en vigor, con algún mínimo avance (algún proposta da CIG), na súa maioría por obriga legal,(mantendo a regresión e involución histórica do XXIII convenio na xornada laboral docente pasando esta de 35 a 40h. semanais coa finalidade de poder cobrar un salario “digno”), así como outras perdas de dereitos sociais e salariais que se resumen a continuación, analizando as modificacións finais feitas sobre o XXIII convenio.

Modificacións finais sobre o XXIII convenio estatal, inasumibles no seu conxunto e vergoñentas nalgúns puntos para CIG-Ensino:

Ámbito Temporal:

Do 1 de xaneiro 2024 ao 31.12.2026. Denunciámolo como NEGATIVO, por excesivo e abusivo, máis cando non só non se acadaron melloras significativas, senón que incluso se perderon algúns dereitos.

Licencias / permisos retribuídos e contratacións:

Simple ADAPTACIÓN LEGAL normativa obrigada e sen avances significativos, nuns permisos que pouco máis recollen que o regulado no E.T. Na contratación outro tanto, un simple copia e pega do E.T.

Incorporación de dous protocolos por imperativo lexislativo:

- Contra a discriminación e o acoso por razón de orientación sexual, identidade de xénero, expresión de xénero, características sexuais e diversidade familiar.

- De actuación fronte a catástrofes e outros fenómenos meteorolóxicos adversos.

Vacacións:

O 24 e 31 de decembro, se caen en domingo, pasaránse ao día anterior  ou posterior laboral. POSITIVO.

Os 2 días laborais de vacacións a maiores anual, pasan a ser 18h. anuais para visitas médicas de especialistas propias ou de familiares, titorías fillos/as e poden pedirse en bloques de 3h. como mínimo.

Ensino gratuíto familiares (art. 34):

Modificación do texto para limitar a gratuidade nunha clara perda de dereitos máis (ter mínimo un ano - ou 2 anos- de antigüidade na empresa; desconto do 40% do prezo das prácticas nalgúns casos; pago das tasas polo traballador e permanecer empresa mínimo 3 anos dende gratuidade). NEGATIVO

Excedencia voluntaria:

Nova modalidade, pero só para formación persoal e profesional, cun máximo de 12 meses de duración e reserva do posto de traballo. POSITIVO.

Baixas laborais (IT):

Modificación do art. para unha mellor interpretación do mesmo, eliminando ambigüidade na redacción. E o que se fixo foi a maiores recortar dereitos salariais nas baixas: deixaranse de cobrar subas salariais durante as baixas, non se cobrarán os complementos da empresa nas extras, nin o plus transporte, nin outras puntuais ou irregulares. NEGATIVO

Xornada Laboral:

Mantemento do actual réxime de xornada e a súa distribución con flexibilidade, agás para o persoal docente que, xa tendo unha xornada lectiva absolutamente abusiva de 35h, poderá facer “voluntariamente” 5h. máis complementarias semanais, pasando así a súa xornada a 40h. á semana e incluso en sábados e domingos. Estes horarios veñen dar cobertura legal ás practicas irregulares de sobrecarga de traballo e abuso do exceso de xornada. Isto supón unha enorme entrega á patronal sen nada positivo a cambio ou que compense ao persoal traballador. NEGATIVO, INXUSTO E INASUMIBLE, para a CIG-Ensino pola regresión e involución histórica en xornada laboral, que vai na liña da explotación laboral e contraria á creación de emprego que marca a normativa europea e que reivindicamos na mesa coa redución da xornada para o persoal de administración e servizos, e o mantemento para o persoal docente, regulando a posibilidade de pasar clases prácticas a teóricas.

Táboas Salariais:

- Ano 2024: suba do 5% (obrigados pola suba mínima doSMI).

- Ano 2025: suba do 4,41% (obrigados pola suba mínima doSMI).

- Ano 2026: suba do 2,49%. Sen cláusula de revisión salarial anual que garanta IPC, nin posible SMI.

  Total suba salarial: 11,9% (O IPC perdido dende o XXII convenio de 2013 foi superior a esta suba).

NEGATIVO no seu conxunto, e incluso un desprezo ao persoal traballador pois non só non se recupera a perda de poder adquisitivo acumulado dos convenios anteriores dende 2013 (con conxelacións salariais e subas por debaixo do IPC, que foi de máis dun 10%), senón que se pode acumular máis perda adquisitiva (non hai cláusula de revisión salarial anual que garanta IPC real no 2026). Aínda por riba a suba só é para o salario base, polo que os demais conceptos e complementos quedarán conxelados. E todo isto cuns salarios dos máis precarios no sector da ensinanza, sobre todo o dos docentes que non están á altura da responsabilidade, formación, riscos e esixencias lectivas abusivas. Por último, as cláusulas de SMI e de diferenciais con respecto ao SMI, indican a precariedade na que se move este convenio e o mínimo interese que hai en dignificalo salarial e laboralmente.

Táboas salariais ano 2024

GRUPO PROFESIONAL

SALARIO BASE

ANTIGÜIDADE / TRIENIO*

PLUS TRANSPORTE (1)

GARANTIA SMI

GRUPO 0 PERSOAL DIRECTIVO

1,180,87€

38,10 €

38,49 €

 

GRUPO 1 PERSOAL DOCENTE

1.165,55 €

34,43 €

38,49 €

 

GRUPO 2 ADMINISTRATIVAS/OS

 

 

 

 

Oficial Administrativo/a

1.059,60 €

25,29 €

38,49 €

GARANTÍA SMI 2024

Auxiliar Administrativo/a

1.058,40 €

25,29 €

38,49 €

GARANTÍA SMI 2024

GRUPO 3 PERSOAL AUXILIAR E DE SERVIZOS

 

 

 

 

Mecánicos/as, Conductores/as, Limpeza.

1.058,40 €

25,29 €

38,49 €

GARANTÍA SMI 2024

Táboas salariais ano 2025

GRUPO PROFESIONAL SALARIO BASE ANTIGÜIDADE / TRIENIO* PLUS TRANSPORTE (1) GARANTÍA SMI
GRUPO 0 PERSOAL DIRECTIVO 1.232,95 € 38,10 € 38,49 €  
GRUPO 1 PERSOAL DOCENTE 1.216,95 € 34,43 € 38,49 €  
GRUPO 2 ADMINISTRATIVAS/OS        
Oficial Administrativo/a 1.106,33 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2025
Auxiliar Administrativo/a 1.105,08 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2025
GRUPO 3 PERSOAL AUXILIAR E DE SERVIZOS        
Mecánicos/as, Condutores/as, Limpeza. 1.105,06 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2025

Táboas salariais ano 2026

GRUPO PROFESIONAL SALARIO BASE ANTIGÜIDADE / TRIENIO* PLUS TRANSPORTE (1) GARANTIA SMI
GRUPO 0 PERSOAL DIRECTIVO 1.263,65 € 38,10 € 38,49 €  
GRUPO 1 PERSOAL DOCENTE 1.247,26 € 34,43 € 38,49 €  
GRUPO 2 ADMINISTRATIVAS/OS        
Oficial Administrativo/a 1.133,87 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2026
Auxiliar Administrativo/a 1.132,58 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2026
GRUPO 3 PERSOAL AUXILIAR E DE SERVIZOS        
Mecánicos/as, Condutores/as, Limpeza. 1.132,58 € 25,29 € 38,49 € GARANTÍA SMI 2026

(1) Plus de transporte: será aboado solamente polos meses efectivamente traballados, non devengándose en periodos de Incapacidade Transitoria ou vacacións. Aboable a todos os Grupos Profesionais salvo que a persoa traballadora faga uso docoche da empresa para o desprazamento á súa vivenda (in itinere).

(2) O salario base e a antigüidade percibense en 15 mensualidades.

  • * As persoas traballadoras que fagan as funcións de Aspirante, encadradas no Grupo Profesional de ADMINISTRATIVAS/OS percibirán, no seu caso, un Complemento de Antigüidade de 16,38 €.
  • En todo caso o Salario Base do Grupo 1 manterá unha diferencia co salario mínimo interprofesional contemplada na Disposición Transitoria Segunda. 2.2º.

Accede ao texto do XXIV convenio asinado neste LIGAZÓN.

Accede a plataforma reivindicativa completa da CIG-Ensino neste LIGAZÓN.

A CIG-Ensino non asina o XXIV convenio colectivo estatal de autoescolas

Documento


Volver