A CIG-Ensino négase a tratar o decreto de formación do profesorado en sinal de protesta pola actitude autoritaria e ditatorial do Director Xeral de Educación

Mesa sectorial 30-06-10

No momento de se iniciar a Mesa a CIG-Ensino pide a palabra para reclamar unha resposta ao escrito presentado unitariamente por todas as organizacións en que se criticaba o funcionamento da Mesa sectorial nos últimos meses e se solicitaba un adiamento da mesa para o mes de setembro. O Director Xeral de Educación, Mira Lema, di que non ten coñecemento do escrito. Respóndeselle que se lle presentou por rexistro o día 25 e que mesmo se lle levou ao despacho. Comprobamos con estupor que primeiro di que non o coñece e logo admite que sabe de que trata, para logo volver negar o seu coñecemento. A CIG-Ensino infórmao do contido do escrito e dos motivos de pedir o adiamento, fundamentalmente que neste momento non é posíbel garantir a participación do profesorado nun tema de tanta relevancia cono é a súa formación. Insistimos en que como organización sindical representativa queremos ter en conta a opinión do profesorado, darlle participación e para iso este non é o momento. Ademais este Decreto ten que pasar polo Consello Escolar de Galicia, que non se reúne en xullo, polo que estamos diante dun borrador que non será tramitado até o vindeiro curso e que, por tanto, non se vai aplicar no curso que vén.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas