A CIG-Ensino mobilízase contra a transformación de sete IES en CIFP

Continúan as mobilizacións

Continuando as mobilizacións iniciadas o pasado venres día 10 (concentración ante a Consellaría de Educación, retirada da Mesa Sectorial) e o mércores día 15 (concentración ante o Parlamento de Galiza), a CIG-Ensino promoveu o pronunciamento da Xunta de Persoal docente de Pontevedra en contra deste proxecto de transformación.

De acordo con isto, este mércores día 15, a Xunta de Persoal docente de Pontevedra aprobou por unanimidade reclamar a retirada do proxecto e o inicio de negociacións.

Volver