A CIG-Ensino manifesta as súas discrepancias con algúns aspectos do texto do Pacto pola Educación presentado polo Ministro

Pacto pola Educación

Hoxe, 22 de abril, en Madrid, Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, asistiu a unha reunión co Ministro de Educación que presentaba o documento definitivo do Pacto Social e Político pola Educación. O Ministro deu conta da última proposta deste Pacto, facendo unha intervención sobre algún dos aspectos que recolle o dito documento. A CIG-Ensino manifestoulle ao Ministro que lle preocupa a asunción de propostas que reforzan o ensino privado concertado, máis este non é receptivo á nosa iniciativa dun ensino público de calidade como xeito de garantir a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía.
O secretario nacional da CIG- Ensino asistiu hoxe, 21 de abril,
a unha reunión co Ministro de Educación para falar do Pacto pola Educación
A CIG-Ensino manifesta as súas discrepancias con algúns aspectos do texto do Pacto pola Educación presentado polo Ministro
Mobilización en Madrid na defensa da consolidación da xubilación anticipada

Hoxe, 22 de abril, en Madrid, Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, asistiu a unha reunión co Ministro de Educación que presentaba o documento definitivo do Pacto Social e Político pola Educación. O Ministro deu conta da última proposta deste Pacto, facendo unha intervención sobre algún dos aspectos que recolle o dito documento. A CIG-Ensino manifestoulle ao Ministro que lle preocupa a asunción de propostas que reforzan o ensino privado concertado, máis este non é receptivo á nosa iniciativa dun ensino público de calidade como xeito de garantir a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía.
Trátase, ademais, dunha proposta que, en lugar de avanzar na descentralización do sistema educativo como lle correspondería a un Estado Plurinacional e plurilingüe como o noso, aproveita para recentralizar aínda máis o sistema educativo.
Para a CIG-Ensino, este documento non contempla tampouco en toda a súa amplitude as medidas para que o sistema educativo reduza dun xeito relevante o fracaso escolar e o abandono do ensino dunha parte importante do alumnado. Así a redución das ratios, malia estaren fixados os máximos hai máis de 20 anos, non se recollen no texto, cando esta medida é imprescindíbel para a mellora do sistema educativo.
A CIG-Ensino tamén lle manifestou que considera totalmente insatisfactoria a referencia á xubilación anticipada xa que non aparece ningún compromiso, nin sequera o de ampliar a súa prórroga. Igualmente é insuficiente a financiamento do acordo previsto, anunciado polo Ministro, que, se ben non aparece no documento, é de 1.500 millóns de euros até o ano 2014.
Entendemos que é un erro que se enfoque o Pacto para que sexa asumido polo PP e de aí que se introduzan algúns aspectos reaccionarios e privatizadores, cando non vemos que se consiga ese obxectivo, posto que o PP se vai negar a asinar por razóns electoralistas.
En calquera caso, o día 6 de maio é data tope para definir a posición final das diferentes organizacións e a CIG-Ensino presentará de xeito máis pormenorizado as súas alegacións a este documento.

Texto definitivo do Pacto pola Educación
Documento do pacto pola educación

Volver