A CIG Ensino levantouse da mesa sectorial docente ao non estar disposta a Consellaría a retirar a orde que regula os Centros Plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mesa Sectorial 18 de xuño

En conclusión a CIG-Ensino esixiu a retirada desta orde porque non garante un mellor aprendizaxe das linguas estranxeiras e por que considera que nin se axusta á legalidade nin é beneficiosa para o ensino. Trátase dunha ferramenta destinada a crear centros de diferentes categorías e vai ser usada contra o noso idioma. Como a Consellaría non retirou esta orde, a CIG-Ensino estudará o emprendemento de accións legais.

Ligazón

Volver