A CIG-Ensino insta á Educación a que adopte medidas para que non se vulneren os dereitos do profesorado afectado pola modificación de vacantes no Concurso de Traslados

Presentou un escrito no que denuncia que a redución de prazas despois do prazo de reclamacións e renuncias crea unha situación de indefensión entre os docentes

A CIG-Ensino ven de remitirlle un escrito ao Director de Centros e Recursos Humanos no que solicita que a Consellaría adopte as medidas necesarias para evitar que se vulneren os dereitos do profesorado que participou no Concurso de Traslados. A CIG-Ensino advirte que a decisión de reducir as vacantes definitivas, despois do prazo de renuncias e reclamacións, crea unha situación de indefensión e vulnera os dereitos do profesorado que optou por renunciar ou seguir participando no concurso, sen coñecer a modificación de vacantes, e agora non pode renunciar á adxudicación definitiva.

Podes consultar o escrito enviado á Consellería de Educación na seguinte ligazón

Volver