A CIG-Ensino insta a Consellaría a que actúe para executar as leis relativas ao cambio de nome dos centros franquistas

Eliminación da simboloxía fascista

Logo de moitos anos sufrindo o anacronismo de impartir aulas en centros nos que se rende tributo a criminais sen escrúpulos inimigos da democracia e do diálogo, o parlamento Galego vén de aprobar que se retirse a simboloxía franquista. Desde a CIG-Ensino, que vimos demandando isto desde hai anos e con insistencia desde comezo do último curso, alegrámonos de que se acordase isto e esiximos da Consellaría de Educación o seu cumprimento.
Cambio dos nomes franquistas

Este é o texto que se remitiu a Consellería de Educación:

"Como vostede sabe, vén de aprobarse no Parlamento Galego unha proposición non de lei que insta á Administración a retirar a simboloxía franquista de todos os edificios públicos e a suprimir todos os nomes que fan referencia a personaxes franquistas destes mesmos edificios.
 
 A CIG-Ensino xa lle reclamara, no mes de novembro de 2007, a súa intervención para que se retiraran os nomes franquistas dos centros docentes, porén, até o de agora, non actuou en consecuencia e diferentes centros continúan a denominarse con nomes de destacadas figuras franquistas como por exemplo: CEE Carmen Polo, CEIP Ibañez Martín, ambos os dous de Ferrol; IES Almirante Salvador Moreno de Marín, CEIP Calvo Sotelo de Carballiño, IES 12 de outubro de Ourense, CEIP Francisco Franco de Beariz, IES Calvo Sotelo, Colexio Sal Lence, Colexio Sanjurjo de Carricarte, Colexio Montel Toucet e Colexio Enrique Salgado Torres, estes 5 últimos da Coruña, etc.
 
Sr. Conselleira, agora non só ten a demanda da CIG-Ensino, senón tamén unha resolución do Parlamento que representa a vontade popular, polo que lle reclamamos que, con urxencia, actúe para que se limpen as nomenclaturas dos centros docentes, eliminando os vestixios que exaltan a violencia política, o golpismo e o fascismo; pois é inaceptábel e incompatíbel a exaltación de figuras que representan a represión e a ditadura cos valores e obxectivos que o ensino ten que pretenden atinxir"

Volver