A CIG-Ensino insta á Consellaría a que actualice as listas de substitucións pendentes

Faltan por actualizar as listas de Educación Infantil e Primaria

No día de hoxe a CIG-Ensino instou á Consellaría a cumprir o compromiso acadado na mesa sectorial de actualizar as listas de substitucións do corpo de mestres.

Esta nova solicitude da CIG-Ensino parte da falta de persoal no listado de Educación Infantil, onde nos atopamos con só 3 persoas para cubrir 22 vacantes.

A Consellaría confirmounos que xa están chamando para substitucións en educación infantil a persoal da lista provisional e que están tentando publicar o antes posíbel a actualización do listado de educación infantil.

Ante a nosa insistencia non puideron confirmar se sería hoxe ou nos primeiros días da semana que vén.

Volver