
A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais no ensino público non universitario con 62 delegados/as, incrementando en 9 e acadando máis do 43% de representación
Grazas ao profesorado pola confianza á CIG-Ensino que sube en porcentaxe e delegados
O Sr. Conselleiro de Educación debe tomar boa nota do apoio maioritario do profesorado á CIG-Ensino que significa unha reprobación á política educativa da Consellaría, fundamentada na aposta polo ensino privado concertado en detrimento do público, na desconsideración e recorte de profesorado nos centros e no ataque permanente do noso idioma e unha actitude autoritaria e antinegociadora da Consellaría de Educación.
O apoio á CIG-Ensino é a aposta por un sistema educativo galego, baseado na equidade e igualdade de oportunidades, na prevención do fracaso escolar e na revalorización da función pública docente e o rexeitamento ao decreto 79/ 2009 de plurilingüismo no ensino e no restabelecemento do consenso acadado no plano xeral de normalización.
A CIG-Ensino exixirá a apertura de negociacións para acadar unha lei galega de educación, un estatuto do profesorado galego, maiores orzamentos para o ensino público, o restabelecemento dos nosos salarios e das pagas extras, a consecución do dereito indefinido a nos poder xubilar anticipadamente, a redución do número de alumnos/as por aula, o restabelecemento da xornada reducida de xuño e setembro, a redución horaria aos maiores de 55 anos, amplas ofertas públicas de emprego, a dotación de profesorado suficiente nos centros, a dotación de administrativos/as en todos os centros e a estabilidade do profesorado interino, etc.
Resultados Electorais
CIG | ANPE | CCOO | UGT | CSIF | STEG | |||||||
VOTOS | DEL. | VOTOS | DEL. | VOTOS | DELE. | VOTOS | DEL. | VOTOS | DEL. | VOTOS | DEL. | |
CORUÑA | 3.628 | 23 | 778 | 5 | 1.322 | 9 | 745 | 5 | 385 | 0 | 805 | 5 |
LUGO | 1.030 | 10 | 535 | 5 | 255 | 2 | 530 | 5 | 360 | 4 | 286 | 3 |
OURENSE | 703 | 8 | 449 | 5 | 715 | 8 | 321 | 4 | 54 | 0 | 202 | 2 |
PONTEVEDRA | 3.426 | 21 | 510 | 3 | 1.051 | 7 | 1.213 | 8 | 197 | 0 | 699 | 4 |
TOTAL | 8.787 | 62 | 2.272 | 18 | 3.343 | 26 | 2.809 | 22 | 996 | 4 | 1.992 | 14 |
|
CIG |
ANPE |
CCOO |
UGT |
CSIF |
STEG |
||||||
|
VOTOS |
DELEGADOS |
VOTOS |
DEL. |
VOTOS |
DEL |
VOTOS |
DEL |
VOTOS |
DEL |
VOTOS |
DEL |
CORUÑA |
47,34% |
48,94% |
10,2% |
10,6% |
17,3% |
19,1% |
9,7% |
10,6% |
5,0% |
0,0% |
10,5% |
10,6% |
LUGO |
34,38% |
34,48% |
17,9% |
17,2% |
8,5% |
6,9% |
17,7% |
17,2% |
12,0% |
13,8% |
9,5% |
10,3% |
OURENSE |
28,76% |
29,63% |
18,4% |
18,5% |
29,3% |
29,6% |
13,1% |
14,8% |
2,2% |
0,0% |
8,3% |
7,4% |
PONTEVEDRA |
48,28% |
48,84% |
7,2% |
7,0% |
14,8% |
16,3% |
17,1% |
18,6% |
2,8% |
0,0% |
9,9% |
9,3% |
TOTAL |
43,50% |
42,47% |
11,2% |
12,3% |
16,6% |
17,8% |
13,9% |
15,1% |
4,9% |
2,7% |
9,9% |
9,6% |