A CIG-Ensino gaña de novo as eleccións sindicais do profesorado na Universidade de Santiago de Compostela

Tamén valoramos positivamente os resultados alcanzados na Universidade de A Coruña

A CIG-Ensino foi organización máis votada obtendo a maioría de delegados na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados reafirman e fortalecen o traballo da CIG-Ensino como a organización sindical maioritaria e de referencia na USC, grazas ao apoio maioritario de profesorado. A CIG-Ensino obtén 14 delegados/as e segue sendo a forza maioritaria do sistema universitario galego.

Agradecemos publicamente a confianza e apoio que o profesorado vén de amosar co seu voto maioritario á CIG-Ensino. Este apoio maioritario supón un aval e un recoñecemento ao traballo realizado pola CIG-Ensino durante estes catro anos, á nosa  oposición e rexeitamento absoluto e máis contundente ás políticas de recorte permanente da universidade, a falta de financiamento e a precarización das condicións de traballo do profesorado.

Ante estes resultados o conselleiro de Educación deben tomar boa nota para dar un cambio de rumbo radical á política educativa na universidade. Este apoio maioritario da CIG ten que traducirse nun reforzamento da universidade pública e nun incremento dos cadros de persoal e na restitución de todos os dereitos que nos foron arrebatados.

Número de delegados/as segundo os resultados

 

 USC

CIG

CCOO

UGT

CSIF

 

DEL

DEL

DEL

DEL

PDI LABORAIS SANTIAGO

6

4

4

3

PDI LABORAIS LUGO

2

2

3

2

PDI FUNCIONARIOS

6

7

4

6

TOTAL

14

13

11

11

Unversidade de A Coruña.

A CIG Ensino tamén valora positivamente os resultados acadados nas eleccións sindicais do profesorado na Universidade de A Coruña.

A CIG pasa de ser a cuarta forza sindical a ser a segunda. Incrementando a nosa representación en 4 delegados.

UDC
CIG
CCOO
UGT
CSIF
PDI FUNC
5
5
3
8
PDI LAB
6
3
5
7
TOTAL
11
8
8
15

Desde a CIG Ensino agradecemos ao profesorado o apoio mostrado ás nosas candidaturas.

A CIG-Ensino seguirá traballando pola promoción e estabilidade na carreira  docente, polo mantemento dos postos de traballo existentes e a creación  das que sexan necesarios,  polo recoñecemento ao PDI universitario do dereito á promoción interna, polo incremento do financiamento universitario,  contra os recortes e reclamando a convocatoria periódica estábel dos complementos autonómicos, o recoñecemento as múltiples tarefas asignadas ao PDI, a recuperación do poder adquisitivo perdido nos últimos anos polas políticas desenvolvidas polos gobernos do PP e a restitución das pagas extras completas, entre outras moitas medidas recollidas no programa co que a CIG-Ensino se presentou a estas eleccións. 

Volver