A CIG-Ensino gaña as eleccións sindicais no Colexio Martín Codax de Vigo acadando a maioría absoluta dos membros do Comité de Empresa

Eleccións Sindicais 2011

Con estes resultados electorais queda demostrado que o persoal do Ensino Concertado sabe diferenciar entre a defensa dos servizos públicos que fai por principio a nosa central sindical e o noso papel de principais valedores dos dereitos da clase traballadora galega.

Nas eleccións sindicais celebradas o 22 de marzo a maioría das traballadoras e traballadores do Colexio Martín Codax decidiron apostar polo noso modelo sindical, avalando a resposta combativa da CIG ao constante recorte de dereitos que está a sufrir a clase traballadora e a acción sindical que está a desenvolver a CIG-Ensino no ensino privado concertado, baseada na defensa dos dereitos e intereses do persoal deste sector e na defensa dun verdadeiro Sistema Educativo Galego.

Volver