A CIG-Ensino fai público o apoio á toda a comunidade educativa do CEIP O Fogar de Carballo

Logo do fatídico día de onte

Desde a CIG-Ensino, despois de ternos posto en contacto no día de onte con membros da dirección e con persoal do CEIP O Fogar de Carballo co fin de acompañalos e apoialos no primeiro momento da traxedia, queremos facer públicas hoxe as nosas condolencias para facerlle saber á familia, a toda a comunidade educativa e á veciñanza de Carballo que participamos do seu sentimento e solidarizámonos coa súa dor, logo do fatídico día vivido onte.

Volver