A CIG-Ensino exixelle á Educación que contrate a profesorado colaborador CELGA para avaliar as probas de certificación

Vén de remitir un escrito á Secretaría Xeral de Política Lingüística

A CIG-Ensino vén de presentar un escrito dirixido ao Secretario Xeral de Política Lingüística no que solicita que se teñan en conta as listaxes do profesorado colaborador de impartición de cursos que teña realizado o curso de avaliador/a CELGA para facer as probas este ano. A CIG-Ensino tivo constancia de que Política Lingüística está contactando con profesorado en activo para proporlle que participe como técnico avaliador das probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga do ano 2014. Consulta no interior da nova o escrito presentado.

Ligazón

Volver