A CIG-Ensino exixe que non se modifique, sen previa negociación, a forma de realizar as listaxes de substitucións e interinaxe para o persoal que nunca prestou servizos

Oposicións

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación tomou a decisión de modificar os criterios para a confección das listaxes de substitucións e interinidades de xeito inapropiado (daquel persoal que nunca prestou servizos). Até o de agora, unha vez finalizado o proceso de oposición, confeccionábase a listaxe de posíbeis substitutos e substitutas en base á prelación establecida polo resultado do concurso-oposición, así se fixo o pasado ano 2009, en que as probas de acceso se realizaron segundo o procedemento establecido no RD 276/2007, ao que aínda lle resta a convocatoria de 2011. Porén, a Consellaría ven de determinar que non vai seguir o procedemento que viña realizando até o de agora, senón que para este curso soamente vai ter en conta a nota da oposición, sen engadir a ponderación da fase de concurso, como sempre se fixo.

 A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de educación modifica os criterios de confección das listaxes de substitucións e interinaxes

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación tomou a decisión de modificar os criterios para a confección das listaxes de substitucións e interinidades de xeito inapropiado. Até o de agora, unha vez finalizado o proceso de oposición, confeccionábase a listaxe de posíbeis substitutos e substitutas en base á prelación establecida polo resultado do concurso-oposición, así se fixo o pasado ano 2009, en que as probas de acceso se realizaron segundo o procedemento establecido no RD 276/2007, ao que aínda lle resta a convocatoria de 2011. Porén, a Consellaría ven de determinar que non vai seguir o procedemento que viña realizando até o de agora, senón que para este curso soamente vai ter en conta a nota da oposición, sen engadir a ponderación da fase de concurso, como sempre se fixo.
A CIG-Ensino está en completo desacordo con esta modificación que non contou en ningún caso co apoio do noso sindicato, organización maioritaria no ensino cun 40% de representación, que xa no seu día se opuxo á proposta de modificación da Addenda de contratación na Mesa Sectorial do 13 de abril.
A CIG-Ensino considera que esta modificación está fóra de lugar pois o sistema de acceso ao ensino público non foi modificado e aínda resta unha convocatoria. A CIG-Ensino entende que unha modificación destas características soamente podería ser considerada para o momento en que se producise unha modificación do sistema de acceso ao ensino público, mais nunca durante a aplicación dun sistema de selección, dando lugar a que, en función do ano en que se opositou se obteña praza na listaxe de substitucións de xeito diferente. En calquera caso, unha modificación deste calado, que non se aplicou até o de agora, nin con este, nin co anterior sistema de oposicións, debe ser negociada especificamente na Mesa Sectorial e contar co apoio da maioría sindical, e non co dunha minoría.
A CIG-Ensino ven de reclamar da Administración mediante escrito que non realice esta modificación sen previa negociación e até que remate o proceso selectivo transitorio existente até o ano 2011. Agardamos tamén que os sindicatos corresponsábeis deste cambio, mediante a sinatura dunha addenda que modifica o sistema de acceso, rectifiquen e que continúe o sistema anterior até que remate o sistema de acceso transitorio.

Ligazón ao documento presentado o día 31 de agosto de 2010

Volver