A CIG-Ensino exixe a rápida publicación en DOG do Fondo de Acción Social correspondente ao exercicio económico de 2008

Axuda de vivenda MUFACE e FAS

A CIG-Ensino presentou un escrito por rexistro dirixido á Dirección xeral de función pública para que se publique urxentemente en DOG a convocatoria do fondo de acción social correspondetne ao exercicio económico do 2008, e así evitar que se repita a problemática do ano pasado, na que se denegaban as axudas de MUFACE de vivenda por non ter pedida a correspondente do FAS (xa que non estaba publicada)

FONDO ACCIÓN SOCIAL 
(Exercicio económico 2008)



Está a punto de rematar o prazo de entrega de solicitudes da de axuda de vivenda  de MUFACE (31 de xaneiro de 2009) e segue sen saír a convocatoria do fondo de acción social correspondente ao exercicio económico do 2008, polo que o persoal interesado non poderá solicitar a axuda de MUFACE ao non cumprir un dos requisitos esixidos, referente á solicitude de axuda do Fondo de acción social (exercicio económico de 2008) porque aínda non se publicou.
Esta situación non é nova, xa que na convocatoria do ano anterior pasou o mesmo por saír o F.A.S. do exercicio económico do 2007 máis alá do 31 de xaneiro de 2008. Sería unha irresponsabilidade inaceptabel que para esta convocatoria volvera a suceder o mesmo.
En consecuencia a CIG-Ensino esixe a rápida publicación da convocatoria do Fondo de Acción Social correspondente ao exercicio económico do 2008 para que non se produza ningún perxuizo aos solicitantes correspondentes ao ano 2008.

Accede ao escrito presentado. Ligazón

Volver