A CIG-Ensino exixe a negociación e publicación inmediata da orde que regula o practicum do mestrado de profesorado de secundaria

Mestrado de profesorado de secundaria

A CIG-Ensino xa se ten dirixido á Consellaría para exixirlle a publicación, previa negociación na Mesa Sectorial, da orde que debe estabelecer o practicum do mestrado en profesorado de Educación Secundaria. É inadmisíbel que a estas alturas cando está a punto de rematar o primeiro trimestre, non se coñezan os criterios para que os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e ensinanzas de idiomas poidan participar, de estar interesados, no programa como centros de desenvolvemento do practicum.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas