A CIG-Ensino está a levar unha campaña pola problemática xerada pola descarga nos centros do labor administrativo da tramitación do Fondo Social

Fondo de Acción Social

Diante das numerosas peticións recibidas por parte das direccións dos centros educativos de Galiza, a CIG-Ensino está a realizar unha campaña para tentar mudar o procedemento de certificación das solicitudes do Fondo de Acción Social.
A MODIFICACIÓN NA TRAMITACIÓN DO FONDO DE ACCIÓN SOCIAL ESTÁ XERANDO INQUIETUDE ENTRE O PROFESORADO POLO DIFICIL ACCESO AO FORMULARIO EN LIÑA E IMPLICA MÁIS TRABALLO PARA AS DIRECCIÓNS DO CENTROS DE ENSINO
 
 
Diante das numerosas peticións recibidas por parte das direccións dos centros educativos de Galiza, a CIG-Ensino está a realizar unha campaña para tentar mudar o procedemento de certificación das solicitudes do Fondo de Acción Social.
 
O maior problema do novo sistema implantado este ano é o incremento de volume de traballo para uns equipos directivos xa sobrecargados. Non esquezamos que moitos destes centros seguen sen ter administrativo/a.
 
Por se isto fose pouco, a aplicación web na que teñen que realizar esta certificación ten moitísimos problemas de funcionamento.
 
A CIG-Ensino presentou escritos poñendo en coñecemento da administración, tanto de Presidencia como de Educación, esta situación e esixindo unha solución. 

A súa vez dirixiuse ás Direccións dos Centros para que remitiran un escrito neste mesmo sentido que se pode descargar desde a seguinte ligazón:

Proposta de escrito para os equipos directivos 

CIG-Informa sobre esta problemática. Imprime e Espállao.

Volver