A CIG-Ensino esixirá a negociación e a convocatoria inmediata da oferta de emprego público do ano 2009.

OPE Educación 2009

A día de hoxe a CIG-Ensino ten coñecemento de que a Consellaría de Educación en funcións non vai realizar a convocatoria por entender que lle corresponde ao novo goberno que tomará posesión en abril, fixar en que materias e con cantas prazas se van convocar as oposicións. A CIG-Ensino esixirá a negociación e a convocatoria inmediata da oferta de emprego público do ano 2009.
A CIG-ENSINO ESIXIRÁ A NEGOCIACIÓN E A CONVOCATORIA INMEDIATA DAS OPOSICIÓNS.
 
A CIG-Ensino esixirá a negociación e a convocatoria inmediata da oferta de emprego público do ano 2009.
 
A día de hoxe a CIG-Ensino ten coñecemento de que a Consellaría de Educación en funcións non vai realizar a convocatoria por entender que lle corresponde ao novo goberno que tomará posesión en abril, fixar en que materias e con cantas prazas se van convocar as oposicións.
 
A CIG-Ensino entende que este tema tiña que ter sido resolto nos primeiros meses do ano, e así llo fixo saber á Consellaría.
 
Todo apunta a que a constitución do vindeiro goberno se producirá a mediados do mes de abril, polo que estará en tempo de facer a convocatoria debidamente, por iso a CIG-Ensino esixirá que a primeira negociación que se realice sexa a da convocatoria de oposicións, e que teña como criterios incrementar o cadro de persoal dos centros para permitir, entre outras cuestións, reducir a rateo de alumnos por aula, sen pór en perigo o posto de traballo do profesorado interino e substituto que neste momento está prestando servizos para a Consellaría de Educación.
 
Secretaría de prensa CIG-Ensino
12 de marzo de 2009

Volver