A CIG-Ensino esixe que se convoque reunión da Mesa Sectorial co fin de fixar un calendario de temas a negociar para dar saída satisfactoria ás propostas presentadas.
Mesa Sectorial. Temas a negociar.
Para a CIG-Ensino, é totalmente inxustificábel que a estas alturas do curso escolar 2008-2009 a Consellaría de Educación non se aviñese aínda a fixar un calendario de temas a negociar.
A CIG-Ensino esixe que se convoque reunión da Mesa Sectorial co fin de fixar un calendario de temas a negociar para dar saída satisfactoria ás propostas presentadas.
A CIG-Ensino presentou o día 2 de febreiro un escrito para o Presidente da Mesa Sectorial Docente no universitaria nos seguintes termos:
Para a CIG-Ensino, é totalmente inxustificábel que a estas alturas do curso escolar 2008-2009 a Consellaría de Educación non se aviñese aínda a fixar un calendario de temas a negociar.
Para a CIG-Ensino, é totalmente inxustificábel que a estas alturas do curso escolar 2008-2009 a Consellaría de Educación non se aviñese aínda a fixar un calendario de temas a negociar.
Con este obxectivo, o día 10 de outubro, a CIG-Ensino achegou as súas propostas para temporalizar a súa negociación.
O 19 de decembro, a CIG-Ensino entregou 8125 sinaturas do profesorado esixindo a negociación inmediata da redución das rateos, dotación de administrativos/as a todos os centros de ensino, reducir a conflitividade e o fracaso escolar, redución do horario a maiores de 55 anos, mellora na gratificación da xubilación anticipada, dereito á revisión anual de saúde para todos e todas as docentes, etc.
Se ao anteriormente dito, engadimos que repetidas veces vimos reclamando na Mesa Sectorial a necesidade de emprender a negociación dos temas propostos, resulta totalmente inaceptábel a indiferenza amosada até agora da Consellaría.
En consecuencia, volvemos a dirixirnos a vostede como presidente da Mesa Sectorial para que convoque reunión da Mesa Sectorial co fin de fixar un calendario de temas a negociar para dar saída satisfactoria ás propostas presentadas.
Novas relacionadas:
- Entrega de sinaturas pola mellora da calidade do ensino. Ligazón
- Escrito presentado o día 2 de outubro ante a presidencia da mesa sectorial no que achega as propostas da CIG Ensino co fin de que sexan negociadas ao longo deste curso, tendo en conta a urxencia daquelas que están condicionadas polos orzamentos previstos para o ano 2009. Ligazón