A CIG-Ensino esixe o mantemento da subvención para os custos da matrícula universitaria para persoal docente

Escrito dirixido ao Conselleiro de Educación e O. U.

A CIG-Ensino ten constancia de que a Universidade de Compostela pretende eliminar a subvención á matrícula do persoal docente da Consellaría de Educación de cara ao curso 2011-2012 por mor da negativa da Consellaría de asumir este custo. Esta situación significa liquidar un dereito histórico do persoal docente da Consellaría de Educación que tiña recoñecida a matrícula gratuíta na Universidade para a traballadora ou o traballador e os seus descendentes. A CIG-Ensino presentou un escrito solicitando o mantemento desta compensación

Ligazón

Volver