A CIG-Ensino exixe o aprazamento da mesa sectorial dos currículos de secundaria e bacharelato

A Consellaría pretende despachar tres dos decretos máis importantes do sistema educativo en menos dunha semana

A Consellaría desoe a solicitude da CIG-Ensino en mesa sectorial de que mediasen ao menos 15 días entre o envío da documentación dos decretos e a convocatoria da Mesa.

O goberno do Partido Popular amosa unha nula vontade por contar coa opinión do profesorado. Que a Xunta pretenda despachar tres decretos coa entidade destes tres currículos nunha reunión con seis días entre o anteproxecto de Bacharelato, con fin de semana e ponte en moitos centros xa indica que o PP aplicará a apisoadora á que nos ten acostumado ao profesorado.

Recordamos que falamos dos decretos dos currículos da Educación Secundaria Obrigatoria, dos currículos do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais e do ámbito de Ciencias Aplicadas dos ciclos formativos de grao básico de formación profesional e dos currículos do bacharelato.

CIG

Desde a CIG-ENSINO exiximos rectificación inmediata e nova convocatoria, nunca antes do mércores 25 de maio.

Ligazón á nova da mesa sectorial convocada para o xoves 19 de maio

Volver