A CIG-ENSINO esixe da Xerencia do Consorcio que cumpra a circular do propio organismo sobre disfrute das vacacións

Vacacións no Consorcio

Xa o pasado 3 de maio a CIG-Ensino presentou un escrito dirixido ao Xerente do Consorcio para demandar que de inmediato dera ordes de substituír a todas as traballadoras e traballadores nos seus períodos vacacionais, sen excepcións nin desculpas de ningún tipo. Este escrito era presentado despois de constatar desde o sindicato que o Consorcio non estaba a realizar estas substitucións e que utilizaba esta circunstancia como medida de presión contra as Escolas, para obrigalas a cambiar o calendario de vacacións das traballadoras e os traballadores.

Ligazón

Volver