A CIG-Ensino esixe da Consellaría que non se parapete na sentenza do Tribunal Supremo para seguir perseguindo o noso idioma
Posición da CIG-Ensino ante a sentenza do Tribunal Supremo sobre o Decreto de Plurilingüismo
Por outro lado, foi tamén de importancia a interpretación que estableceu para o artigo 5º, referido á etapa de Infantil, unha interpretación de acordo coa cal non poderá haber aulas exclusivamente en español e deberán fixarse medidas para a adquisición do galego en contorno castelanizados, interpretación que foi varrida do Decreto 79, permitindo que o alumnado non tivese contacto co noso idioma até a Primaria”. Ligazón
Para a CIG-Ensino o futuro da lingua galega e a súa normalización plena pasa por derrogar o decreto de plurilingüismo, por un cambio total na vontade política do goberno e por unha mudanza absoluta na política lingüística que debe estar orientada verdadeiramente á normalización do noso idioma, a través de estratexias que invirtan a actual situación de perda de falantes. Anxo Louzao declara que: “Cómpre deixar claro, unha vez máis, que existen outras políticas lingüísticas legais e máis efectivas, así o Decreto do ano 2007 ou o modelo catalán, de inmersión, único xeito de restituír todos os usos da nosa lingua, acadar a competencia plena e facer fronte á discriminación e o desleixo que vén sufrindo o noso idioma.”
A CIG-Ensino manifesta que a Consellaría non se pode parapetar nesta sentenza para seguir a perseguir o noso idioma, como até agora ten feito, unha sentenza que, en todo caso, responde ao recurso presentado pola RAG que reclamaba, entre outras cuestións, o dereito a ser consultada.
Finalmente, Anxo Louzao subliña: “É obvio que o noso idioma non goza dos mesmos dereitos que si ten outra lingua oficial que non é a propia do noso país, e así o consagrou a Constitución Española, a vara de medir vixente. A actual discriminación do noso idioma só se pode superar mediante o ensino en galego de todas as materias,agás as linguas” Por iso á CIG-Ensino non a sorprende o fallo do Tribunal Superior, pois é evidente que non agardamos nin queremos que a sorte do noso idioma dependa de instancias xurídicas alleas a realidade a Galiza e que ten como fundamento legal a Constitución española que consagra a discriminación do noso idioma.