
A CIG-Ensino esixe a retirada das instrucións que modifican a xestión dos comedores escolares para o curso 2012-2013
Considera que a Administración volve actuar de xeito escurantista e con autoritarismo ao non convocar a Mesa Sectorial
Por este motivo, a CIG-Ensino presentou un escrito pedindo a suspensión destas instrucións e que, en todo caso, se traten na Mesa sectorial no vindeiro curso escolar, a partir de setembro, pois o mes de xullo, non lectivo, non sería o momento para tratar tema ningún na Mesa Sectorial por non estar o profesorado nos centros.
Por outra banda, a CIG-Ensino ten coñecemento de que a Consellaría está enviando instrucións aos centros no sentido de reducir as prazas ofertadas, contravindo a lexislación vixente en canto á clasificación dos comedores escolares, pois, por exemplo, pretenden que os comedores tipo A que até agora podían ter até 75 comensais, agora teñan só 71 comensais.
Podes descargar o escrito enviado ao conselleiro na seguinte ligazón