
A CIG-ENSINO esixe a convocatoria inmediata da Mesa Sectorial para tratar a oferta de emprego público no Ensino
A CIG-ENSINO lamenta que o Conselleiro, unha vez máis, actúe á marxe dos órganos de representación lexítima do profesorado, lugar onde corresponde informar e negociar a oferta de emprego público, e non nun acto propagandístico da súa figura
As declaracións do Conselleiro sementan dúbidas sobre unha posíbel oferta de emprego en Secundaria e desde a CIG-Ensino consideramos que esta decisión ten que ser debatida na Mesa Sectorial.
Unha vez máis, a CIG-Ensino esixe do Conselleiro que abandone a propaganda e reclama a convocatoria urxente da Mesa Sectorial para tratar a oferta de emprego e que esta se faga pública para xeral coñecemento de todas as persoas que desexan acceder a ela.
Novas relacionadas