A CIG-Ensino esixe a convocatoria da Mesa Sectorial para negociar a oferta de emprego público de 2017
Urxe coñecer en que especialidades se van convocar oposicións
A CIG-Ensino dirixiuse á Consellaría de Educación para demandar a convocatoria da Mesa Sectorial para negociar a oferta de emprego público de 2017. Sen dúbida, defende a CIG-Ensino, é urxente e necesario coñecer as materias e as prazas que se van convocar para as oposicións para que o profesorado poida preparalas co maior tempo posible.