A CIG-Ensino e profesorado CELGA pecháronse na Secretaría Xeral de Política Lingüística para exixir a readmisión dos despedidos/as
Tamén pediron a dimisión do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García
A CIG-Ensino denuncia que non só estamos ante unha Secretaría Xeral de Política Lingüística que despide a profesorado senón que continua actuando de maneira caciquil e clientelar. “Unha vez que a gran maioría do profesorado en activo non estivo disposto a aceptar a impartición destes cursos, a SXPL non tivo impedimento en recorrer a outro tipo de persoal que nin sequera é docente e incluso deixar cursos de impartir antes de que o profesorado CELGA os impartise –explica o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao. É totalmente inaceptábel que a cabeza da SPXL estea unha persoa que unha vez máis amosa un desprezo absoluto polo galego, que non ten inconveniente en actuar en contra da propia lexislación básica dos traballadores e traballadoras”, engade.
A CIG-Ensino e o profesorado CELGA intentaron entrevistarse co secretario xeral e a resposta foi que estaba ausente, que se atopaba en Madrid.Ás 15 horas a policía desaloxou ao profesorado na SXPL, que abandonou con berros pedindo a dimisión do secretario xeral e advertindo que continuarán coas mobilizacións se non se lle dá unha solución ao profesorado afectado.
A CIG-ENSINO está a presentar demandas por despedimentos nulos nos distintos xuzgados e continuará loitando para que este profesorado volte a impartir os cursos CELGA.