A CIG-Ensino e o BNG presentaron en rolda de prensa unha iniciativa de lei e outra iniciativa non de lei que o grupo do BNG no Congreso dos Deputados vai levar a cabo

Dereito indefinido á xubilación do profesorado

Dentro das accións que a CIG-Ensino está a levar a cabo a prol de lograr a consolidación da actual xubilación anticipada do profesorado, mantivo hoxe unha xuntanza co BNG para trasladarlle esta reivindicación do profesorado. A CIG-Ensino e o BNG presentaron hoxe publicamente en rolda de prensa unha iniciativa de lei e outra iniciativa non de lei que o grupo do BNG no Congreso dos Deputados vai levar a cabo co fin de lograr o carácter indefinido desta xubilación que aparece nestes momentos vinculada ao desenvolvemento da LOE, e, polo tanto, con remate no mes de maio de 2011.

A CIG-Ensino continúa coas acción a prol de lograr a consolidación do dereito indefinido á xubilación do profesorado.
 
A CIG-Ensino e o Bloque Nacionalista Galego presentaron hoxe en rolda de prensa unha iniciativa de lei e outra iniciativa non de lei que o grupo do BNG no Congreso dos Deputados vai levar a cabo
 
 
Dentro das accións que a CIG-Ensino está a levar a cabo a prol de lograr a consolidación da actual xubilación anticipada do profesorado, mantivo hoxe unha xuntanza co BNG para  trasladarlle esta reivindicación do profesorado. A CIG-Ensino e o BNG presentaron hoxe publicamente en rolda de prensa unha iniciativa de lei e outra iniciativa non de lei que o grupo do BNG no Congreso dos Deputados vai levar a cabo co fin de lograr o carácter indefinido desta xubilación que aparece nestes momentos vinculada ao desenvolvemento da LOE, e, polo tanto, con remate no mes de maio de 2011.
 
Xa no seu momento, grazas a unha emenda do BNG a por instancia da CIG-Ensino, se conseguiu o gozo da prórroga da xubilación voluntaria anticipada para o persoal docente e unha cláusula, segundo a cal esta sería sería renegociada coas Comunidades Autónomas e sindicatos antes do remate da súa vixencia.
 
A CIG-Ensino entende que a xubilación indefinida anticipada voluntaria permite anovar os cadros de persoal, creando emprego, ao mesmo tempo que facilita a aquel profesorado que o precise a posibilidade de deixar unha actividade tan intensa como é a función docente. Non se entendería que se trate de chegar a un pacto pola educación sen recoller o mantemento desta conquista social.
 
Para demandar este dereito do profesorado á xubilación indefinida anticipada, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, lembrou que, este mércores, 21 de abril, a CIG xunto con outros sindicatos do Estado, se concentrará en Madrid, diante do Ministerio de Educación.  

Volver