A CIG-Ensino e Erguer chaman a profesorado e alumnado a concentrarse pola causa palestina
Propóñense concentracións nos recreos o día 14 en apoio aos paros e mobilizacións o día 15
Desde Erguer e a CIG-Ensino animamos a profesorado e alumnado a concentrarse nos centros educativos o día 14 en apoio á causa Palestina e como preámbulo do paros e das mobilizacións do día 15. Para ditas concentracións podedes usar o material anexo a esta nova ou calquera outro que fagades no propio centro.
De igua forma pedimos nos enviedes fotografías das concentracións a erguergaliza@gmail.com e galiza@cig-ensino.gal

Como é sabido, o Estado israelí está a perpetrar un xenocidio contra o pobo palestiniano, que sofre desde hai 77 anos a ocupación das súas terras. Este non é un conflito que comezase en 2023. Moi polo contrario, son xa varias as xeracións de palestinos e palestinas que deben fuxir da súa terra e que están expostas á violencia constante por parte dun estado ilexítimo, terrorista e colonial. Mais nestes dous anos vimos desenvolverse a máis cruenta fase deste xenocidio. A gravidade da situación que se está a dar, así como do silencio cómplice que garda a comunidade internacional, obrigános a actuar. Os crimes que perpetra o goberno sionista de Israel non pode continuar e non pode ficar impune.
Así pois, dende Erguer. Estudantes da Galiza, como maior organización estudantil galega, e a CIG-Ensino, como sindicato maioritario no ensino público, asumimos a nosa responsabilidade e dispomos as nosas forzas a organizar e estender a convocatoria de paros laborais para o día 15 a toda a comunidade educativa galega. Como sector social de especial relevancia, consideramos que o estudantado e o profesorado do noso país non podemos ficar caladas e que é o noso deber responder ante o chamamento que a sociedade galega fai para tal data.
Convocatoria de Erguer para o día 15
Comunicamos oficialmente a convocatoria de paros académicos de 11:00 a 13:00 o mércores 15 de outubro en todos os centros de ensino medio de Galiza. O obxectivo destes paros é tanto amosar solidariedade co pobo palestino como facilitar a presenza do estudantado nas mobilizacións convocadas.